O día 14 de xaneiro de 2026, mércores, tiveron lugar no CMUS Profesional de Vigo as Xornadas de Formación Previa sobre “Formación Cultural e Consellos Prácticos” para o profesorado que neste curso, dentro do Proxecto Erasmus+ KA121 25-26, disfrutará das diferentes mobilidades a Faro (Portugal) e Tallin (Estonia).

Os membros do Equipo Erasmus+, Sara Peral (Coordinadora), Carmen Carreiras (Vicedirectora), Virginia Lis e Cecilia Martínez, que fixeron as visitas previas para preparar estas mobilidades, foron os poñentes desta xornada enfocada á formación cultural dos distintos países que se van visitar e tamén sobre consellos prácticos e lugares de interese a visitar.

O profesorado que disfrutará das mobilidades do Proxecto Erasmus+ KA121 25-26 a partir do mes de marzo serán Gloria Rodríguez e Carmen Carreiras, que viaxarán ao MUBA de Tallin (Estonia), e Ramón Cabezas e Óscar Davila que viaxarán a Faro (Portugal) para visita de job-shadowing no Conservatorio Rexional do Algarve Maria Campina.

As charlas incluiron curiosidades dos lugares a visitar, así como formación cultural destes e consellos xeráis para viaxar por Europa dentro do Programa Erasmus+ KA121. Xa non queda tanto para que o noso profesorado viaxe, coñeza novos lugares e traia moitas experiencias que contar e intercambiar para o noso centro.