O día 29 de xaneiro de 2026, xoves, ás 18:00 horas, tivo lugar no CMUS Profesional de Vigo a Xornada de Formación Previa sobre “Formación Cultural e Consellos Prácticos” para o alumnado e as súas familias que neste curso, dentro do Proxecto Erasmus+ KA121 25-26, disfrutará da mobilidade a Faro.

Os membros do Equipo Erasmus+, Sara Peral (Coordinadora), Carmen Carreiras (Vicedirectora) e Virginia Lis (profesora) foron as poñentes desta xornada enfocada á formación cultural sobre o país luso, centrada na zona de Faro (Algarve) que visitará o noso alumnado, e tamén sobre consellos prácticos para viaxar, lugares de interese a visitar, cuestións sobre o conservatorio…

A mobilidade Erasmus+ terá lugar entre o 22 e o 28 de marzo de 2026 e será ao Conservatorio Regional María Campina en Faro. En concreto, o alumnado que visitará ese centro serán Iris Nogueira Munilla, Antonio Ramón Martínez Castro, Brezo Verea Nieto, Nerea Fernández Alonso e María González Dopeso.

As charlas incluiron curiosidades do lugar a visitar, así como formación cultural deste e consellos xeráis para viaxar por Europa, en concreto a Portugal, dentro do Programa Erasmus+ KA121. En nada, o noso alumnado xa estará de viaxe coñecendo novos lugares e vivindo moitas experiencias que esperamos que deixen unha boa pegada nas súas vidas.

Aquí deixamos unhas fotos da Xornada, coas tres poñentes, o alumnado e as súas familias.