Entre o 11 e o 13 de febreiro, o CMUS Profesional de Vigo contou coa visita de profesorado procedente  do MUBA de Tallin (Estonia) e Loulé (Portugal).

Concretamente, Reet e Ingrid viaxaron ao noso CMUS desde o MUBA (Tallin School of Music and Ballet) en Estonia, e Rui e Fernando desde o Conservatorio Francisco Rosado de Loulé (Portugal), para coñecer as nosas instalacións e ao noso profesorado. Entre as distintas actividades que levaron a cabo, reuníronse co Equipo Erasmus+ e o Equipo Directivo, visitaron diferentes clases de materias de conxunto, teórico-prácticas, de instrumento, asistiron á Biblioteca, á actividade de portas abertas de “Coñece o teu conservatorio” e ao concerto de Entroido, entre outras.

Sempre é un pracer recibir compañeiros e compañeiras doutros centros e compartir coñecementos para mellorar no noso ámbito, así que, desde o equipo Erasmus+ celebramos con ilusión estas visitas, e por suposto, enviamos un grande agradecemento ao noso profesorado que colabora sempre facendo un recibimento agarimoso ao profesorado visitante.

Por último, queremos agradecerlle tamén aos compañeiros e compañeiras de Loulé e Estonia o interese amosado no noso centro, así como a boa acollida que nos fixeron cando visitamos as súas escolas. Aquí tendes algunhas fotos da experiencia. 

Carmen , Rui, Fernando e Sara
Sara, Ingrid, Reet e Virginia
Reet, Rui, Fernando, Ingrid e Carmen
Óscar, Reet e Ingrid