Dende o mércores 25 ata o venres 27 de marzo o profesorado do CMUS Profesional de Vigo disfrutou dunha mobilidade Erasmus na modalidade de job shadowing no Conservatório Regional do Algarve Maria Campina na cidade lusa de Faro (Portugal).

Os profesores Óscar Davila Mariño e Ramón Cabezas Varela percorreron as instalacións, asistiron a diversas actividades académicas e clases das diferentes especialidades instrumentais e teórico prácticas do conservatorio, ademáis dos ensaios dos grupos instrumentais do centro.

Ademáis das actividades académicas, tamén houbo tempo de coñecer á cidade de Faro e a súa contorna, e fóra da planificación da mobilidade, Óscar e Ramón tiveron a oportunidade de visitar aos nosos socios Erasmus do Conservatório Francisco Rosado, na cidade de Loulé, que os recibiron moi amablemente.

Estamos encantadas de constatar a boa saúde dos lazos desenvolvidos con estes dous centros do país viciño e dende o equipo Erasmus agradecemos especialmente ao profesorado e alumnado de Faro a boa acollida que dispensaron aos nosos compañeiros nesta experiencia.

Aquí tedes algunhas fotos destes días!