Os pasados 8 e 9 de abril contamos coa presenza de Marc Chevalier, o experto convidado Erasmus + deste curso.
Marc Chevalier, trompetista e director de orquestra americano procedente do Conservatorio de Vienne (Francia), impartiu a pasada semana unha clase maxistral sobre práctica orquestral para as agrupacións de banda e orquestra junior e senior, e Jazz Band, unha clase maxistral sobre técnicas de dirección e Sound Painting para alumnado de Grao Profesional de todas as especialidades, e unha clase maxistral sobre o ensino musical no Sistema Americano e Francés e Sound Painting para o profesorado do noso centro.
Marc fixo un traballo moi interesante cas diferentes agrupacións do centro, e ademáis ofreceunos unha pequena introducción á técnica de Sound Painting, unha linguaxe musical de signos que se utiliza para crear música en tempo real.
Estamos moi satisfeitas coa boa acollida dispensada a Marc, tanto polo profesorado como polo alumnado asistente ás actividades, que se reflectiu nos resultados das enquisas que poderedes consultar en breve neste blog. Por último, non podemos deixar de agradecer de forma especial a Marc o seu traballo e a súa implicación. Foi un verdadeiro pracer traballar contigo!
Dende o noso equipo seguimos traballando para as próximas actividades Erasmus! Estade atentas!














Deixa unha resposta