Un ano máis nestes momentos do curso, o Equipo Erasmus + achega neste post un resumo das actividades realizadas ao longo do ano dentro do proxecto KA121 2025-2026. Adxuntamos tamén a memoria completa do proxecto na que podedes atopar máis información.
Neste curso 2025-2026 o noso centro desenvolveu unha intensa actividade, que vos resumimos a continuación. Entre outras cousas, fomos centro acolledor de profesorado de distintos centros europeos como o Conservatório Francisco Rosado de Loulé (Portugal), o Central Obstrobothnian Conservatory de Kokkola (Finlandia) e o MUBA de Tallin (Estonia). Ademáis, contamos coa visita de Marc Chevalier (Conservatorio de Vienne, Francia) como Experto Convidado deste curso. Todo o profesorado visitante, independientemente do centro proveniente, destacou a boa acollida recibida, o alto nivel do centro e das actividades realizadas nel e quedaron gratamente sorprendidos pola implicación de toda a comunidade educativa. Queremos agradecer ao profesorado, alumnado e persoal de administración e servizos a fonda acollida e a boa disposición outorgada aos nosos colegas europeos.
Ademáis o noso profesorado tivo a ocasión de disfrutar dunha mobilidade ao MUBA de Tallin (Estonia) e outra ao Conservatório Regional do Algarve “Maria Campina” en Faro (Portugal). O noso alumnado non foi menos e neste curso puido disfrutar dunha mobilidade neste último conservatorio, onde ademáis das actividades académicas, clases, ensaios e concertos coas agrupacións do centro anfitrión e de música de cámara, coñeceron a beleza natural da Ria Formosa e da cidade de Faro, e remataron esta experiencia cunha visita a Lisboa, antes de volver a casa.
De xeito paralelo ás mobilidades, representamos ao noso centro nas “Jornadas de Movilidad Erasmus + de Formación Profesional” en Carmona (Sevilla). Ademáis participamos como relatores no Seminario “Music and Dance for Europe” en Frankfurt (Alemaña), onde estiveron a nosa coordinadora, Sara Peral, xunto co inspector do CMUS, Eduardo Seco, a quen queremos dende aquí agradecer non só a súa implicación e o seu compromiso co noso Proxecto Erasmus, senón a súa participación activa neste seminario onde representamos ao noso centro.
Asimesmo, ademáis de celebrar os “ErasmusDays 2025” e o “Día de Europa” no xa tradicional concerto no conservatorio, tamén tivemos a ocasión de celebralo cos nosos amigos da EFCA, na que foi a segunda colaboración con esta institución europea. A EFCA, axencia europea con sede en Vigo, comparte connosco o espírito europeo e os valores Erasmus -sostibilidade, medio ambiente e loita contra o cambio climático- a través da música e da convivencia entre institucións.
Estamos moi contentas coas actividades levadas a cabo, e queremos agradecer e compartir con toda a comunidade educativa a boa saúde do Proxecto Erasmus no noso centro, que xenera cada ano un crecente interese e se consolida como centro acolledor.
Por último queremos facer unha mención das principais actividades realizadas neste ano escolar 2025/2026 por parte do equipo Erasmus+, aínda que podedes atopar toda a información detallada na “memoria” elaborada pola coordinadora Sara Peral. Así, queremos destacar as seguintes actividades:
- “Jornadas de Movilidad Erasmus+ de Formación Profesional” en Carmona (Sevilla) (Setembro/Outubro 2025)
- Organización e celebración dos “ErasmusDays 2025”. (Outubro 2025)
- Convocatoria de mobilidades para profesorado e alumnado. (Novembro 2025)
- “Music and Dance for Europe” Erasmus+ Seminar en Frankfurt (Alemaña) (Novembro 2025)
- Visitas preparatorias a Faro (Portugal), Tallin (Estonia) para organizar as mobilidades (Decembro 2025)
- Formación Previa para alumnado e profesorado seleccionado para disfrutar das mobilidades (Xaneiro 2026)
- Acollida de profesorado procedente de Loulé (Portugal) e Tallin (Estonia) (Febreiro 2026)
- Acollida de profesorado procedente de Kokkola (Finlandia) e Tallin (Estonia) (Marzo 2026)
- Charla sobre o sistema educativo finlandés (Marzo 2026)
- Mobilidades profesorado a Tallin (Estonia) (Marzo 2026)
- Mobilidades profesorado e alumnado a Faro (Portugal) (Marzo 2026)
- Visita do Experto Convidado Marc Chevalier (Abril 2026)
- Organización e celebración do “Concerto polo Día de Europa” (Maio 2026)
- Participación no “Concerto polo Día de Europa” da EFCA (Maio 2026)
- Elaboración da Memoria Final do Proxecto Erasmus+ KA121 2025/2026 (Maio e Xuño 2026)






















Non podemos rematar este post sen agradecer a difusión das actividades do noso proxecto realizadas pola prensa local. Dende aquí un agradecemento especial ao Atlántico Diario e ao Faro de Vigo.
Por último, pero non menos importante, unha mención especial ao Equipo Directivo do CMUS, polo seu apoio e implicación no desenvolvemento do Proxecto Erasmus do noso centro, e polo seu traballo constante para que o CMUS ocupe o seu lugar en Europa.
Aquí vos deixamos a memoria completa do noso proxecto deste curso 2025-2026:
Algunhas noticias aparecidas na prensa sobre o noso proxecto neste curso 2025-2026:







Deixa unha resposta