Os días 14 e 29 de xaneiro tiveron lugar as “Xornadas de preparación cultural e práctica” destinadas ao profesorado e alumnado que participará nas mobilidades do programa Erasmus+ KA121 25-26 do CMUS Profesional de Vigo.
Ao rematar ditas xornadas, o profesorado e alumnado participante responde a unhas enquisas de satisfacción, e estamos moi contentas no Equipo Erasmus+ de ditos resultados que presentamos a continuación:
Tanto no caso da formación para profesorado como na formación para alumnado e familias, nas tres preguntas obtivemos a máxima puntuación, 5 puntos, por parte do 100% dos e das participantes. Isto é, que se valora como “moi ben”, a sesión informativa que se organizou, así como a información ofrecida na sesión e a utilidade da propia formación. Tamén valoramos moito os comentarios que nos deixaron algúns compañeiros e compañeiras como:
- “Grazas polo voso traballo”
- “Moitas grazas por seguir impulsando o Erasmus+ do cal todos e todas nos nutrimos”
- “Excelentes coma sempre”
A pesares dos bos resultados, no Equipo Erasmus+ seguimos traballando con ilusión, tratando de facer sempre avaliación e propostas de mellora para os nosos resultados.







Deixa unha resposta