Os pasados 8 e 9 de abril contamos coa presenza de Marc Chevalier, experto convidado Erasmus + deste curso, procedente do Conservatorio de Vienne en Francia, que impartiu unha clase maxistral sobre práctica orquestral para as agrupacións de banda e orquestra junior e senior, e banda de Jazz, unha clase maxistral sobre técnicas de dirección e Sound Painting para alumnado de Grao Profesional de todas as especialidades, e unha clase maxistral sobre o ensino musical no Sistema Americano e Francés e Sound Painting para o profesorado do noso centro.

O alumnado e profesorado asistente á actividade manifestou a súa satisfacción a través dunha enquisa que vos reproducimos aquí.

Na enquisa para alumnado de orquestra e banda junior e senior, e banda de Jazz os resultados foron os seguintes:

  • Na primeira pregunta o 87,5% valoraron como moi ben a actividade, o 12,38% como bastante ben, e o 2,85% como ben.
  • Na segunda pregunta o 94,28% considera moi interesante traer ao centro a expertos convidados, o 4,76% como bastante interesante e o 0,95% considerao interesante.
  • Na terceira pregunta o 85,71% valorou como moi interesante o formato de clase ofrecido, o 10,47% como bastante interesante e o 3,80% como interesante.

Na enquisa para alumnado e profesorado sobre a Clase Maxistral ofrecida por Marc Chevalier sobre Técnicas de dirección, Sound Painting e no caso do profesorado tamén sobre o sistema de aprendizaxe musical en Estados Unidos e Francia os resultados foron os seguintes:

Profesorado:

  • Na primeira pregunta o 77,78% valoraron como moi ben a actividade, e o 22,23% como bastante ben.
  • Na segunda pregunta o 100%% considera moi interesante traer ao centro a expertos convidados.
  • Na terceira pregunta o 55,56% valorou como moi interesante o formato de clase ofrecido, o 22,23% como bastante interesante e o 22,21% como interesante.

Alumnado:

  • Na primeira pregunta o 87,5% valoraron como moi ben a actividade, e o 12,5% como bastante ben.
  • Na segunda pregunta o 100%% considera moi interesante traer ao centro a expertos convidados.
  • Na terceira pregunta o 100% valorou como moi interesante o formato de clase ofrecido.

Estamos moi contentas no Equipo Erasmus porque ningunha das preguntas das enquisas acadou menos dun 3 de puntuación. Tomamos nota dalgúns comentarios construtivos que reflexan que lles gustaría que a clase maxistral tivese durado máis tempo para poder aprender máis do noso experto convidado.

Desde o Equipo Erasmus+ seguiremos traballando para traer novas propostas de aprendizaxe ao noso centro de cara ao curso que ven.