O venres 8 de Maio, a Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA), celebrou no Museo do Mar o aniversario da Declaración Schuman e os valores que inspiraron o proxecto europeo. Dito acto de celebración contou coa participación de profesorado e alumnado do noso centro dentro das actividades do Programa Erasmus+ 2025-2026.
A EFCA (Axencia Europea do Control da Pesca) vela pola sostibilidade dos recursos mariños e a axeitada aplicación da política pesquera común da UE. Ten como acometido, fomentar os máis altos niveis de control, inspección e supervisión segundo a política pesqueira común.
Nesta ocasión, e dado o carácter europeísta desta institución, a EFCA conmemorou o Día de Europa, e o 76 aniversario da Declaración Schuman, histórico discurso pronunciado o 9 de maio de 1950 polo ministro francés de Asuntos Exteriores, Robert Schuman, que propuso a creación da Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA) no que se considera o acto fundacional da Unión Europea (UE), deseñado para facer da guerra entre países europeos “impensable e imposible”. Esta declaración marcou o comezo dunha nova etapa de cooperación supranacional, transformando o continente europeo mediante a integración económica e a reconciliación franco-alemana.
Estes valores europeos que celebramos neste evento da EFCA -sostibilidade, medio ambiente e loita contra o cambio climático- son valores fundamentais do Programa Erasmus+. Por iso, que a EFCA incluise as interpretacións do noso alumnado nun acto tan importante, foi todo un orgullo para o noso centro, e estamos moi agradecidas por contar connosco.
As alumnas e alumnos e profesorado que participaron no acto foron:
- Íñigo Cabaleiro Soage (gaita)
- David Giráldez Barbosa (gaita)
- Antonio Ramón Martínez Castro (clarinete)
- Íñigo De Luis Alonso (fagot)
- Diego Campo Meréns (Saxofón)
- Alexandre Gallego Medal (profesor de saxofón)
- Sara Peral (profesora de piano e Coordinadora Erasmus+)
- Virginia Lis (profesora de clarinete e membro do Equipo Erasmus+)
Todos os participantes disfrutaron moito do evento e destacaron o interesante da proposta tan enriquecedora, que ademais posibilitou a confraternización cos nosos amigos da EFCA.
Compartimos con vós algunhas das fotos deste evento!















Deixa unha resposta