A presente reseña trata sobre a mobilidade Erasmus+, a través da aprendizaxe por observación realizada por Óscar Davila Mariño e Ramón Cabezas, profesores do Conservatorio Profesional de Música de Vigo, no Conservatorio Regional do Algarve “Marina Campo” (Portugal) como Centro de destino.

“Esta mobilidade foi realizada dende o 25 ao 27 de marzo de 2026 e consistiu na observación de estudos como frauta, saxofón, trompeta, piano acompañante, e iniciación musical para alumnado de 6 anos.

Imaxe. Entrada do Conservatorio Regional do Algarve “Marina Campo”, xunto co persoal de administración.

Tivemos a oportunidade de coñecer o Conservatorio de música de Loulé Francisco Rosado, O director do Centro e parte do equipo directivo, así como de administración fixéronos un tour moi completo polas instalacións.

Imaxe. Entrada do Conservatorio de Música de Loulé “Fernando Rosado”

A nosa primeira actividade en Faro foi o mércores 25 de marzo pola mañá, xunto con Javier González Lamas (Xefe de Estudos) e o alumnado Erasmus do noso Conservatorio que tamén se encontraba de visita. Esta actividade lúdica consistiu nunha excursión en barco pola Ría de Formosa cun piloto moi simpático que nos facia bromas como deixar o barco ir solo mentras nos informaba da visita a Illa Barreta, no Parque Natural da Ría Formosa.

Imaxe. Na Illa Barreta con Óscar Davila , Ramón Cabezas e Javier González

Destacar a clase de trompeta co profesor Albano Neto pola didáctica aplicada ao alumnado. Utiliza un método de trompeta austriaco que chamase Easy steps de Jaap Kastelein. O tratado inclúe gravacións en cd con bases de acompañamento para os distintos exercicios.

Cabe destacar que para as audicións os programas de Concerto podíanse descargar a través dun QR, publicado nun cartel á entrada do auditorio.

O Venres, 27 de marzo de 2026 asistimos á presentación a plataforma “Musa” da cal destacaría que se poden reservar aulas para o estudio do alumnado o facer a matrícula online.

Este mesmo día fomos a clase de improvisación e acompañamento co profesor Pedro Calquinho onde nos chamou a atención a súa clase de improvisación para un alumno pianista.

O profesor mándalle tocar un exercicio fácil en Do maior para o nivel do alumno. Depois pídelle que transporte a peza en tonalidades para instrumentos transpositores, como o clarinete en Si bemol.

Imaxe. Exercicio para os 5 dedos

A segunda actividade consiste en improvisar con patróns de acompañamento. O profesor Pedro toca a man dereita dos exercicios 13 e 14 do Libro, e pídelle ao alumno que lle acompañe imitando un patrón que toca o profesor a modo de exemplo.

Esta vez o profesor lle da ao alumno unha peza un pouco mais complicada, unha pequena peza dun compositor ruso para catro mans, con formacións acordais non tradicionais. O profesor toca a parte do piano I, a melodía, mentres o alumno ten que transportar a parte de piano II, o acompañamento a varios intervalos.

Imaxe. Partitura a catro mans rusa

O profesor escolle o coral a 4 voces nº 234 de J. S. Bach: Gott lebet doch. O alumno comeza a tocar a primeira vista o coral no piano. Nun momento dado, o profesor quítalle o libro, e o alumno ten que continuar improvisando no mesmo estilo de J. S. Bach.

Esta formación permitiunos desenvolver as seguintes habilidades:

Reforzo das competencias clave e das competencias transversais como lingüísticas (Portugués).

  • Desenvolver as habilidades docentes deseñando estratexias de ensino eficaces.
  • Coñecemento de novo repertorio como un método de trompeta austriaco aplicable a Grao elemental.
  • Novas ferramentas para traballar a improvisación e a memoria (clase de Pedro Calquiño)

Destacamos as seguintes verbas De Ramón Cabezas e Óscar Davila sobre a súa estadía:

“A experiencia de mobilidade Erasmus+ foi moi positiva. Destacar a preparación, a información, o seguimento e a comunicación prestadas durante a mobilidade por parte das persoas responsables do Equipo Erasmus+ do CMUS Vigo, que permitiu levar a cabo esta actividade cunha boa preparación e seguridade a hora de afrontar esta actividade. Do mesmo xeito, quero destacar a amabilidade e predisposición dos docentes do Centro a hora de mostrar o seu traballo e o persoal de secretaría e conserxería. O intercambio de información e experiencias didácticas co profesorado permitirán incorporar novas actividades didácticas á adocencia. Destacar a visita ao Conservatorio de Loulé, a cal non estaba programada, polo seu acollemento, amabilidade e interromper as suas actividades para atender a nosa visita”