O profesorado de Kokkola en visita Erasmus ofrece unha charla sobre o sistema educativo finlandés.
O pasado venres 13 de marzo, e dentro das moitas actividades programadas no conservatorio, tivemos o pracer de asistir a esta interesante charla sobre o sistema educativo finlandés, no que os profesores Esa, Toni e Juhani do Obstrobothnian Conservatory de Kokkola (Finlandia) explicaron a estructura dos estudios de música no seu centro, pero tamén os estudios xerais, e fixeron unha comparativa co que teñen observado nesta semana no noso centro.
A charla, aberta a toda a comunidade educativa, resultou moi interesante e deu lugar ao debate e a reflexión sobre diversas cuestións como a diversificación dos distintos niveis de educación musical e a súa equivalencia co sistema galego, bolsas ou custe dos estudios.
Como sempre, desde o equipo Erasmus estamos moi agradecidas ao público asistente e sobre todo profesorado de Kokkola, especialmente a Toni, que foi o relator da charla, pola súa xenerosidade á hora de ofrecer esta actividade que non fixo máis que enriquecer a experiencia destes días.
Aquí tedes algunas fotos desta actividade!











Deixa unha resposta