Entre o 16 e o 18 de marzo, as nosas compañeiras visitaron o MUBA de Tallin (Estonia) nunha nova mobilidade Erasmus.

Carmen Carreiras, vicedirectora do CMUS e profesora de piano, e Gloria Rodríguez Gil, profesora de Linguaxe Musical e compositora, tiveron a oportunidade de disfrutar nunha nova mobilidade job shadowing de Erasmus.

Carmen e Gloria foron recibidas por Triin Jürimäe, unha das coordinadoras Erasmus do centro estonio, coa que visitaron as increíbles instalacións do MUBA, e tiveron ocasión de asistir e participar en varias das actividades académicas do centro, ademáis doutras actividades como a visita a biblioteca, reunións coa responsable de eventos, a responsable de negocios musicales, coa Xefatura de estudios de música clásica, concertos e audicións.

Desde o equipo Erasmus agradecemos a cálida acollida dispensada ás nosas compañeiras polo persoal do MUBA e estamos traballando para futuras colaboracións conxuntas.

Aquí tedes algunhas das fotos que enviaron as nosas compañeiras.