Durante o mes de marzo varias publicacións de prensa por parte dos medios Faro de Vigo e Atlántico Diario recolleron as distintas actividades levadas a cabo dentro do Proxecto Erasmus+ KA121 2025-2026 do CMUS Profesional de Vigo.

Entre outras actividades recollen as visitas de Job-Shadowing que fixo ao noso centro profesorado de Kokkola (Finlandia) e Tallin (Estonia), así como as viaxes do noso profesorado e alumnado a Faro e Tallin, tamén en visitas de Job-Shadowing para coñecer de primeira man como se traballa noutros países.

Aquí vos deixamos os enlaces ás noticias para que poidades lelas con detemento.

Desde o Equipo Erasmus+ do CMUS Profesional de Vigo agradecemos o traballo e a difusión tanto do faro de Vigo como do Atlántico.

https://www.atlantico.net/vigo/conservatorio-profesional-acentua-internacionalizacion_1_20260316-4200263.html

https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2026/03/05/conservatorio-profesional-intensifica-erasmus-visitas-127598949.html