Despois do paréntese estival, o Cmus inicia un novo curso, e o Equipo Erasmus segue a traballar con moitas ganas para organizar as próximas actividades!
Este curso 2026-2027, o Equipo Erasmus+ estará formado novamente por Sara Peral, como a nosa Coordinadora, Baldomero Barciela como responsable de soporte técnico, Ángel Montes, Secretario do centro, Carmen Carreiras, Vicedirectora, e Virginia Lis, Cecilia Martínez, Isabel Figueroa e a nova incorporación de Jesús Vicente, profesorado do centro que completa o noso equipo.
No pasado curso, o noso profesorado disfrutou de mobilidades Erasmus+ no MUBA de Tallin (Estonia) e no Conservatório Regional do Algarve “Maria Campina” en Faro (Portugal), sendo este último centro o destino da mobilidade do alumnado.
Por outra banda, como centro acolledor, recibimos a profesorado de centros europeos como o Conservatório Francisco Rosado de Loulé (Portugal), o Central Obstrobothnian Conservatory de Kokkola (Finlandia) e o MUBA de Tallin (Estonia). Contamos ademais co Experto Convidado Marc Chevalier, procedente do Conservatorio de Vienne, (Francia). O profesorado visitante, independientemente do centro proveniente, destacou a cálida acollida recibida, a implicación de toda a comunidade educativa e o interese das actividades realizadas.
Outras actividades nas que representamos ao noso centro foron as “Jornadas de Movilidad Erasmus + de Formación Profesional” en Carmona (Sevilla) e no Seminario “Music and Dance for Europe” en Frankfurt (Alemaña), e celebramos como xa ven sendo tradicional, os “ErasmusDays 2025” e o “Día de Europa”, que tivemos a ocasión de celebrar cos nosos amigos da EFCA.
Este curso preséntase cargadiño de actividades por realizar e todos os que formamos o equipo Erasmus estamos a traballar arreo para que, un ano máis, a comunidade educativa teña acceso ás posibilidades e oportunidades inesquecibles que ofrece o programa Erasmus.
Seguiremos informando puntualmente! Estade atentas ao noso blog e redes sociais!!















Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.