O alumnado do CMUS Profesional de Vigo de mobilidade Erasmus na cidade de Faro (Portugal).
Dende o domingo 22 ata o sábado 28 de marzo o alumnado do CMUS Profesional de Vigo disfrutou dunha mobilidade Erasmus no Conservatório Regional do Algarve Maria Campina na cidade lusa de Faro (Portugal).
No centro, ademáis de visitar as instalacións e asistir a diversas clases das diferentes especialidades e materias do conservatorio, puideron participar co alumnado da orquestra do conservatorio nun concerto conxunto que tivo lugar no auditorio. Asi mesmo, o noso alumnado tamén tivo a oportunidade de tocar para o alumnado e profesorado do centro anfitrión nun concerto preparado para a ocasión.
Ademáis das actividades académicas, tamén houbo tempo de coñecer á cidade de Faro, a beleza natural da Ría Formosa, e como broche de ouro, visitar á sempre fermosa cidade de Lisboa, xa como colofón final desta experiencia.
O alumnado que disfrutou desta mobilidade son Brezo Verea Nieto, María González Dopeso, Nerea Fernández Alonso, Iris Nogueira Munilla e Antonio Ramón Martínez Castro, acompañados polo noso compañeiro Javier González Lamas, xefe de estudios do centro e profesor de trompeta.
Dende o equipo Erasmus agradecemos ao profesorado e alumnado de Faro a boa acollida que dispensaron aos nosos estudiantes nesta experiencia inesquecible.
Aquí vos deixamos algunhas fotos que amosan parte das vivencias destes días.














Deixa unha resposta