O vindeiro xoves 7 de Maio celebramos no CMUS Profesional de Vigo o Día de Europa, no Auditorio David Russell ás 19:00 horas.

O concerto comezará ás 19:00 horas no Auditorio David Russell e un ano máis celebraremos os valores europeos nun evento que terá máis participación da comunidade educativa que nunca e promete un programa do máis interesante.

No Día de Europa, e en consonancia cos principios do Programa Erasmus, priorízanse os proxectos que ofrecen oportunidades para a participación das persoas na vida democrática, así como o compromiso social y cívico a través de actividades de aprendizaxe formal e non formal, e os principios de unidade e diversidade comúns da Unión Europea.

Por último, lembrarvos que o concerto será retransmitido en streaming a través da canle de YouTube do centro, para quen non poida asistir ao auditorio.

https://www.youtube.com/user/cmusvigo/live

Desde o Equipo Erasmus+ preparamos todos os anos este concerto con moita ilusión, e esperamos que un ano mais sexa do voso agrado.