Erasmus Days no Conservatorio Profesional de Música de Vigo do 13 ao 16 de Outubro!
Un curso máis e co gallo da celebración dos Erasmus Days, o CMUS Profesional de Vigo encherase do espírito e dos valores europeos no que ven sendo unha das actividades divulgativas de máis relevancia dentro das actividades do Proxecto Erasmus.
Vinde connosco a celebrar esta nova edición que terá lugar na semana do 13 ao 16 de Outubro. Poderedes disfrutar da decoración temática que reflicte os valores de intercambio, diversidades e cooperación cultural do programa Erasmus+. Ademáis, e entre outras actividades, poderemos recordar as experiencias do pasado curso con proxeccións dos protagonistas das mesmas, o alumnado e o profesorado do centro que foi á cidade lusa de Faro e a Tallin (Estonia) respectivamente.
Se pola contra, queredes mirar cara ao futuro, poderedes asistir ás charlas informativas con contidos de interés para dar a coñecer as oportunidades do Programa e motivar á participación nesta edición. En concreto, a charla para o profesorado terá lugar o mércores 14 ás 12:00 e a charla para o alumnado será o xoves 15 ás 18:00, ambas as dúas no Auditorio David Russell.
Desvelaremos tamén os destinos e características das mobilidades do presente proxecto que está a piques de despegar…e teremos algunha novidade que vos vai encantar!
Non volo podedes perder: Serán días para celebrar, aprender e sentirnos máis europeos ca nunca. Ven e participa!

Deixámosvos aquí o link da inscrición da actividade no rexistro dos Erasmus Days por se o queredes consultar.







Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.