Como en anos anteriores, os días 15 e 16 de Outubro, celebramos no CMUS Profesional de Vigo as Xornadas Informativas para alumnado, profesorado e familias, no marco da celebración dos Erasmus Days 2026. Nestas actividades, explicamos como funciona o Proxecto Erasmus+ no noso centro, así como os requisitos e procedementos necesarios para presentar solicitudes e poder disfrutar de mobilidades ademáis de desvelar os destinos para o curso 2026-2027 para alumnado e profesorado. Ao finalizar estas Xornadas, proporciónaronse aos asistentes unha enquisa de satisfacción. Aquí podedes consultar os resultados!

As persoas que formamos o Equipo Erasmus+ do CMUS Profesional de Vigo estamos moi contentas pola resposta de público no que foi a convocatoria con maior afluencia dos últimos anos. Estamos moi satisfeitas coa participación das familias e o alumnado e os resultados das enquisas. Sabemos que hai marxe de mellora, pero observamos a boa acollida das charlas e recibimos con cariño as mensaxes de felicitación polo traballo realizado, dos que destacamos algúns deles:

As enquisas constaban de tres preguntas, cunha valoración entre 1 e 5 puntos sendo 1 moi mal e 5 moi ben. As 3 preguntas trataban de reflectir o nivel de satisfacción sobre a sesión informativa, sobre a información ofrecida e sobre a resolución de dúbidas. Aquí vos deixamos os resultados nun documento adxunto:

Como podedes observar, o 100% do profesorado outorgou a máxima puntuación valorando así como “moi ben” a sesión formativa, a información ofrecida nesta e a resolución das dúbidas.

As familias outorgaron nas 3 preguntas entre 4 e 5 puntos. Así nas preguntas 1 e 2 o 84,6% concederon a máxima puntuación, e o 15,38% puntuaron esta pregunta con 4 puntos. Na pregunta 3 o 92,30% das familias deu 5 puntos e o 7,69% sinalou 4 puntos de satisfacción.

No grupo de alumnado, na pregunta 1 o 60% outorgou 5 puntos, é dicir, califica como “moi ben” a sesión informativa, e o 40% como “bastante ben” calificando esta pregunta con 4 puntos. Na pregunta 2 o 75% puntuou coa máxima nota, o 15% concedeu 4 puntos a este apartado, e o 10% 3 puntos. Por último, na pregunta 3, o 85% do alumnado considera que as dúbidas foron perfectamente resoltas, e o 15% valorou este apartado con 4 puntos.

Estamos en xeral, bastante satisfeitas con estes resultados, pero seguimos traballando para mellorar.