A pasada semana, concretamente entre os días 13 e 16 de Outubro, celebramos no Cmus Profesional de Vigo unha nova edición dos Erasmus Days, e como todos os anos neste evento fundamental dentro do Proxecto Erasmus, celebramos o espírito europeo a través de diversas actividades.

Ademáis da decoración temática no hall do centro, e unha exposición fotográfica retrospectiva das mobilidades de profesorado e alumnado ao longo dos últimos anos, as actividades levadas a cabo durante esta semana foron as seguintes:

  • Martes 13 de Outubro: A partir deste día e durante toda a semana, proxectáronse varios vídeo nos que puidemos coñecer de primeira man as experiencias do alumnado que participou na mobilidade a Faro (Portugal). Asimesmo, o profesorado que foi de mobilidade, tanto a Faro (Portugal) como a Tallin (Estonia), tamén fixo un percorrido rememorando as súas experiencias nos centros que visitaron. Estes vídeos, elaborados polas compañeiras Viriginia Lis e Cecilia Martínez podédelos ver aquí:
  • Mércores 14 de Outubro: A seguinte actividade desta semana foi a charla informativa dirixida ao profesorado do centro. Nesta ocasión, a nosa coordinadora Sara Peral, a vicedirectora Carmen Carreiras e a compañeira Virginia Lis explicaron o noso proxecto aos membros do claustro do centro que asistiron á charla, fixeron un pequeno resumo das actividades realizadas no curso pasado e desvelaron as novidades que se están a planificar para este curso, como poden ser os próximos destinos para mobilidades de profesorado e alumnado, así como as próximas visitas de profesorado doutros centros e o experto convidado.
  • Xoves 15 de Outubro: Este día o protagonismo foi para o alumnado entre 4º e 6º de Grao Profesional e as familias, que estaban convidadas para a charla informativa no auditorio. Nesta ocasión Sara, Carmen e Virginia, fixeron unha charla súper interesante sobre o proxecto e desvelaron o próximo destino para a mobilidade de alumnado, que será ao MUBA, na cidade de Tallin (Estonia). Ademáis, explicaron pormenorizadamente os requisitos e documentación para ser candidatos a unha destas mobilidades e informaron dos prazos de presentación de solicitudes e data de publicación da convocatoria. Para finalizar, resolveron as dúbidas e preguntas dos asistentes.

A convocatoria das mobilidades, tanto para profesorado como para alumnado está aberta dende o pasado venres. Tedes toda a información nas publicacións anteriores neste blog e no tablón Erasmus (a carón da entrada do backstage do auditorio), e lembrade que si nos necesitades, o Equipo Erasmus estará encantado de vos atender.

Un ano máis, o Proxecto Erasmus consolídase no noso centro. Estamos especialmente contentas de constatar o interese polas actividades propostas, especialmente na charla de alumnado, que este ano foi un éxito de afluencia e a rapazada foi máis participativa que nunca. Por suposto, agradecemos como sempre á Dirección do centro o seu apoio e confianza neste proxecto que tanto aporta a nivel educativo para formar ao noso alumnado e profesorado. Non podemos estar máis satisfeitas!!

Velaquí tedes algunhas das fotos desta semana!