O xoves día 7 de Maio, celebramos “Día de Europa” do mellor xeito posible!

O concerto comezou cunha pequena intervención da nosa Coordinadora Erasmus, Sara Peral, a modo de presentación deste xa tradicional evento no noso centro, promovido polo Equipo Erasmus en colaboración co Equipo de Actividades.

Nesta pequena intervención inicial, Sara destacou a importancia dos valores europeos: a liberdade, a democracia e a solidaridade, valores que nun momento como o actual cobran especial relevancia, e lembrou que no Conservatorio de Vigo estes valores no son só teoría, senón que se viven activamente a través do programa Erasmus+, construindo cidadanía europea a través da posta en valor do noso patrimonio común a través do intercambio artístico.

Sara salientou ademais que a sostibilidade é un pilar Erasmus e unha prioridade transversal tamén do noso programa. Por iso resulta tan importante a nosa colaboración coa EFCA (Axencia Europea de Control da Pesca), unha institución europea clave na preservación do medio mariño e a sostibilidade na pesca e tan vencellada á nosa cidade de Vigo.

A continuación, Sara cedeu a palabra á Dra. Susan Steele, Directora Executiva da EFCA. A Dra. Steele foi un ano máis a nosa convidada de honra e nos acompañou na celebración deste día, dirixindo unhas palabras ao público asistente sobre a cooperación entre institucións e os valores europeos, fortalecendo os lazos creados a partir do ano pasado entre a EFCA e o noso centro.

Despois destes discursos, comezou o concerto propiamente dito, cunha variada representación músicos, entre alumnado e profesorado, no que foi unha das máis nutridas edicións desta actividade.

Estamos moi agradecidas pola visita da Dra. Susan Steele, e pola súa amabilidade e esperamos moitas máis colaboracións entre as nosas institucións, como a que tivo lugar hoxe mesmo na sede da EFCA, e da que poderedes saber máis en breve neste mismo blog.

Ademais, e por suposto, un agradecemento moi especial a todo o alumnado e profesorado participante e ao público asistente.

Velaquí tedes unhas fotos do concerto!