O venres 13 de marzo poderemos disfrutar dunha charla sobre o sistema educativo finlandés e a súa música folk.
A vindeira semana imos acoller de novo profesorado visitante Erasmus+. Concretamente, recibiremos a visita de tres profesores do Central Obstrobothnian Conservatory de Kokkola (Finlandia) e dous profesores do MUBA de Tallin (Estonia).
Ademáis das actividades que realizarán durante eses días no noso centro, o profesorado convidado de Finlandia ofreceuse a dar unha pequena charla sobre o sistema educativo do seu país e sobre a súa música folk.
Esta interesante actividade terá lugar o venres 13 de marzo, en horario de 11.00 a 12.00h na aula C17. É unha charla gratuíta e aberta a todo o profesorado e alumnado que queira asistir.
Desde o equipo Erasmus, estamos encantados de recibir aos compañeiros visitantes e agradecemos fondamente a súa implicación.
Como sempre, tedes dispoñible toda a información Erasmus+ no noso Blog!








Deixa unha resposta