Os días 8 e 9 de abril de 2026, dentro do Proxecto Erasmus+ KA121 2025-26, terán lugar no Auditorio David Russell as Clases Maxistrais sobre “Práctica Orquestral, Dirección e Sound Painting”, impartidas polo Experto Convidado deste ano, Marc Chevalier, que ven desde o Conservatorio de Vienne, Francia, e están dirixidas a alumnado e profesorado de Grao Profesional do noso conservatorio.
Estas clases serán gratuítas para todo o alumnado de Grao Profesional e profesorado do CMUS Profesional de Vigo, xa que están financiadas polos fondos do Programa Erasmus+, e o prazo de matrícula será do 6 ao 24 de marzo na Conserxería.
O alumnado das asignaturas de banda Junior e Senior, Orquestra junior e Senior, e Banda de Jazz, terán unha clase maxistral de práctica orquestral os días 8 e 9 de abril, dentro do propio horario habitual da clase. Para participar, lembrade que simplemente teredes que entregar firmado o papel de Uso de Imaxe que se vos entregou na clase durante estes días.
Ademáis desta sesión, haberá unha “Clase Maxistral de Dirección e Sound Painting” na que se poderá apuntar todo o alumnado de calquera especialidade de Grao profesional, e que terá lugar o día 9 de abril, xoves, de 17:00 a 18:00 horas. O alumnado que asista a esta actividade, terá as faltas xustificadas, en caso de que na hora da actividade tivese no centro algunha clase regular.
Por suposto, como todos os anos, tamén hai unha sesión dedicada a profesorado. Trátase dunha “Clase Maxistral sobre Dirección, Sound Paintind e aprendizaxe musical no sistema americano e francés”. Esta actividade terá lugar o mércores 8 de abril de 11:00 a 12:00 horas.
As clases maxistrais tanto para alumnado como para profesorado, celebraránse no Auditorio David Russell do CMUS Profesional de Vigo, e as clases serán en inglés.
ATENCIÓN: Lembrade traer o voso instrumento
Aquí vos deixamos o tríptico do curso con toda a información, o cartel e a folla de inscrición e autorización de uso de imaxe. Calquera dúbida escribide a erasmus.cmusvigo@gmail.com







Deixa unha resposta