Erasmus Days no Conservatorio Profesional de Música de Vigo do 13 ao 18 de Outubro!
Co gallo da celebración dos Erasmus Days, o CMUS Profesional de Vigo encherase de ambiente europeo con uhna decoración temática que reflectirá os valores de intercambio, diversidade e cooperación cultural do programa Erasmus+.
Na semana do 13 ao 18 de Outubro, celebraremos no CMUS Profesional de Vigo unha nova edición dos Erasmus Days. Entre outras actividades, poderemos disfrutar e compartir as experiencias sobre o pasado proxecto con proxeccións das testemuñas do alumnado participante na mobilidade a Kokkola (Finlandia).
Haberá ademáis charlas informativas con contidos centrados en dar a coñecer as oportunidades que ofrece o programa Erasmus+ e motivar a súa participación na presente edición. Para isto, celebrarase unha mesa redonda cos participantes do curso pasado. Ademáis, desvelaremos os destinos e características das mobilidades do presente proxecto que está a piques de despegar!
A charla para o profesorado terá lugar o mércores 15 ás 12:00 no Auditorio David Russell.
Por último, pero non menos importante, a charla para o alumnado será o xoves 16 ás 18:00, tamén no Auditorio David Russell.
Participa nos Erasmus Days, unha semana de actividades abertas, dinámicas e participativas que reforzan a noso compromiso coa educación internacional e o espíritu europeo.
Non os podedes perder: Serán días para celebrar, aprender e sentirnos máis europeos ca nunca!

Vídeo promocional ErasmusDays 2025.
Vídeo Entrevista alumnado que participou na mobilidade a Kokkola 2024-2025.







Deixa unha resposta