Durante os días 8 e 9 de Decembro de 2025 as compañeiras do Equipo Erasmus+ do CMUS Profesional de Vigo, Virginia Lis e Cecilia Martínez, estiveron visitando o MUBA (Tallin School of Music and Ballet), na cidade de Tallin, capital de Estonia.
Virginia e Cecilia estiveron en visita preparatoria, reunidas co Equipo Erasmus+ do MUBA, coñecendo as instalacións, asistindo a algunhas materias e facendo a planificación de clases e actividades das que no mes de marzo disfrutará o noso profesorado que visitará este centro en JobShadowing. Por suposto tamén houbo algo de tempo para visitar esta pequena pero incrible cidade.
O MUBA, Tallin School School of Music and Ballet, é un centro cunhas impresionantes instalacións, inaugurado fai 4 anos e construido en Estonia con apoio financieiro da Unión Europea, que reúne tres históricas e prestixiosas escolas de música e ballet, a Tallinn Music High School, Tallinn Ballet School, e Tallinn Georg Ots Music School. Así nesta escola o alumnado de Estonia pode cursar de maneira gratuita os estudos elementais e profesionais de música clásica, ballet, música moderna (jazz, pop e rock), pero tamén se poden cursar outras especialidades como técnico de son, afinación de pianos, produción musical, emprendemento musical, pedagoxía instrumental, dirección coral and coaching para bandas de música moderna.
As dúas persoas a cargo do Equipo Erasmus+ do MUBA, Reet Käärik e Triin Jurimae, foron moi amables, recibindo ás nosas compañeiras cunha reunión inicial onde lles explicaron detalladamente o funcionamento deste prestixioso centro, e as acompañaron a visitar todas as instalacións.
Entre as actividades levadas a cabo destacan as visitas ás clases de Music Theory (harmonía e análisis), Rhythm Music Solfeggio (linguaxe musical e entrenamento auditivo para o alumnado de música moderna), Solfeggio (linguaxe musical para o alumnado de música clásica), clases de violín e clarinete, ensaios de orquestra de corda e orquestra sinfónica e audicións de vento madeira e metal e corda fregada. Tamén asistiron á audición de soul do alumnado de música moderna celebrada no clube de jazz Philly Joe´s Jazz Bar. Por suposto tamén houbo visitas a interesantes lugares desta pequena pero incrible cidade.
Por último, agradecer a boa acollida que lle fixeron Reet e Triin ás nosas compañeiras Virginia e Cecilia, e a boa disposición de todo o profesorado co que estiveron.
Aquí vos deixamos algunhas fotos tanto da experiencia vivida no MUBA como da cidade de Tallin:
Fotos no MUBA



























Fotos de diversos lugares de interese cultural en Tallin:





























Deixa unha resposta