Os días 9 e 10 de decembro, Carmen Carreiras e Isabel Figueroa, vicedirectora e profesora de violoncello respectivamente, viaxaron ao Conservatório Regional do Algarve María Campina en Faro (Portugal) para preparar as mobilidades de alumnado e profesorado que terán lugar neste curso.
O Conservatório Regional do Algarve María Campina é o centro de referencia para o estudio da música e danza no sur de Portugal, e conta con unha interesante actividade internacional de intercambios e concertos en España, Reino Unido e Alemaña.
Isabel e Carmen foron recibidas por Irene Ainstein, coordinadora Erasmus do conservatorio, e Helena Duarte, Diretora Pedagógica. Durante os días da visita, coñeceron as instalacións do conservatorio, reuníronse para planificar as mobilidades de alumnado e profesorado, coñeceron a gran parte do claustro do centro e asistiron a ensaios da orquestra junior e do coro.
As profesoras Irene e Helena estaban recén chegadas dun concerto que realizaron en Hamburgo, con participación de alumnado e profesorado do conservatorio, e a pesar do cansazo, recibiron ás nosas compañeiras con moito agarimo e moi boa vontade.
Unha vez máis, dende o Equipo Erasmus do CMUS Vigo, agradecemos fondamente a acollida dispensada ás nosas compañeiras e continuamos traballando na planificación desta interesante mobilidade no país viciño.





Carmen e Isabel á súa chegada ao conservatorio













Deixa unha resposta