Hoxe finaliza a última das mobilidades do curso, 24-25, dentro do Proxecto Erasmus KA121 coa visita do alumnado da Academia de Música de Portimão (Portugal), que estiveron no noso centro entre os días 7 e 11 de abril.
Entre as distintas actividades que levaron a cabo visitaron as clases de violín, violoncello, guitarra, piano, análise e harmonía, música de cámara, banda, orquestra e coro, entre outras actividades.
Como remate da semana, ofreceron un concerto xunto con alumnado e profesorado do noso centro, que tivo lugar no Auditorio David Russell ás 17:30h.
Estamos moi contentas da visita dos noso colegas, e a pesares de que as mobilidades remataron, estade atentas porque aínda quedan algunhas sorpresas máis dentro do Proxecto Erasmus deste curso.
Aquí vos deixamos unha reportaxe fotográfica da visita dos compañeiros e compañeiras lusas.



























Deixa unha resposta