O día 16 de xuño o Equipo Erasmus+ do CMUS Profesional de Vigo reuniuse co profesorado e alumnado que participou nas mobilidades deste curso 2024-2025 para extraer conclusións finais e compartir entre todas e todos as distintas experiencias vividas dentro do programa Erasmus+ KA121.

Na reunión, guiada pola nosa coordinadora Sara Peral, participaron Virginia Lis, que estivo en Bolonia (Italia), Cecilia Blanco e Javier González, que viaxaron a Portimão (Portugal) e Ramón Cabezas, que estivo en Tirana (Albania). Por outra banda, asistiu tamén o alumnado que participou na mobilidade a Kokkola (Finlandia) Clara Alonso Jeremías, Irene Cabaleiro Soage, Inés Ríos Monge, Andrés Romero Carrera, Diego Rodríguez Vázquez e Xián Pena Puza, xunto co profesor que os acompañou, Ángel Montes.

A partir do que o profesorado e alumnado participante plasmou nas súas memorias, comentamos experiencias satisfactorias comúns e tamén cuestións que se poden mellorar ou cambiar. Resulta moi interesante e enriquecedor ver como as mesmas situacións poden xerar diferentes interpretacións, ou constatar os distintos puntos de vista que poden xurdir arredor dun mesmo feito.

Desde o Equipo Erasmus+ pensamos que estes coloquios son moi bos e produtivos, xa que nos permiten aprender entre todos das distintas experiencias vividas, e tamén sirven para tomar nota do que se pode mellorar cada ano pola nosa parte en canto a xestión e organización.

O Equipo Erasmus+ estivo formado neste curso 2024/2025 por Sara Peral, Coordinadora e profesora de piano, Carmen Carreiras, Vicedirectora e profesora de piano, Ángel Montes, Secretario e profesor de harmonía e banda, Virginia Lis, profesora de clarinete, Cecilia Martínez, profesora de Linguaxe Musical e Isabel Figueroa, profesora de violoncello.