Agora que o curso 2024/2025 está a piques de rematar, o Equipo Erasmus + ofrécevos esta publicación a modo de resumo das principais actividades realizadas dentro do proxecto KA121 2024-2025. Ademáis, se queredes acceder á información máis polo miúdo, podedes consultar a memoria completa do proxecto, que vos achegamos aquí.

Neste curso, o noso centro por primeira vez foi centro de acollida para o alumnado e profesorado da Academia de Música de Portimão (Portugal). Queremos agradecer desde o equipo Erasmus a todo o profesorado e persoal de administración e servizos a súa profesionalidade e a boa disposición que amosaron nesta experiencia como centro acolledor. Ademáis, queremos destacar a implicación da nosa antiga inspectora, Rosalía Polo Cal, á que convidamos a coñecer o noso traballo de primeira man, por iso acompañou á nosa coordinadora Sara Peral en visita preparatoria a Bolonia (Italia).

Durante este proxecto 2024-2025 tamén queremos poñer en valor a bonita experiencia que vivimos colaborando coa EFCA, tanto no seu XX aniversario, como coa súa intervención celebrando no noso centro o Día de Europa. Tamén resaltar que o equipo Erasmus foi convidado a participar nas “Jornadas de Movilidad Erasmus+ de Proyectos acreditados KA 121 VET” (Ceuta), nas “III Xornadas de Ensinanzas de Réxime Especial: Oportunidades de internacionalización nas Ensinanzas de Réxime Especial” (Santiago de Compostela) e no “Seminario de Job-shadowing Music and Dance for Europe”, Loulé (Portugal). Estamos moi satisfeitas de que o traballo do equipo Erasmus ten recoñecemento e relevancia a nivel doutras institucións.

Por último queremos facer unha mención das principais actividades levadas a cabo neste ano escolar 2024/2025 por parte do equipo Erasmus+, aínda que podedes atopar toda a información detallada na “memoria” elaborada pola coordinadora Sara Peral. Así queremos destacar as seguintes actividades:

  • “Jornadas de Movilidad Erasmus+ de Proyectos acreditados KA 121 VET”. (Setembro 2024)
  • Organización e celebración dos “ErasmusDays 2024”. (Outubro 2024)
  • Participación nas “III Xornadas de Ensinanzas de Réxime Especial: Oportunidades de internacionalización nas Ensinanzas de Réxime Especial” (Outubro 2024)
  • Convocatoria de mobilidades para profesorado e alumnado. (Novembro 2024)
  • Participación no Seminario de Job-shadowing Music and Dance for Europe, Loulé (Portugal) (Novembro 2024)
  • Acollemento da mobilidade de job-shadowing do profesorado da Uppsala Kulturskola, Suecia (Novembro 2025)
  • Visitas preparatorias a Portimão (Portugal). Bolonia (Italia), Tirana (Albania) e Kokkola (Finlandia) para organizar as mobilidades (Decembro 2024)
  • Formación Previa para alumnado e profesorado seleccionado para disfrutar das mobilidades (Xaneiro e Febreiro 2025)
  • Curso coa Experta Convidada Joana Estrela Amaral (Marzo 2025)
  • Mobilidades profesorado e alumnado (Entre Marzo e Abril 2025)
  • Acollida de profesorado e alumnado visitante de Portimao, Portugal (Abril 2025)
  • Participación no “20 Aniversario da EFCA (abril 2025)
  • Organización e celebración do “Concerto polo Día de Europa” (Maio 2025)
  • Elaboración da Memoria Final do Proxecto Erasmus+ KA121 2024/2025 (Maio e Xuño 2025)
  • Celebración de “Mesa Redonda” co profesorado e alumnado que disfrutou das mobilidades do proxecto KA121 2024/2025 para facer unha posta en común das experiencias vividas (Xuño 2025)

Tamén deixamos algunhas fotos resumo de todas as actividades levadas a cabo:

Por último agradecer, desde o Equipo Erasmus+, ao Equipo Directivo do CMUS Profesional de Vigo o seu incondicional apoio para levar a cabo e continuar un ano máis con este proxecto. Esperamos seguir traballando un ano máis coa mesma ilusión e ganas, e conseguir grandes oportunidades de aprendizaxe para a nosa comunidade educativa.