Entre os días 13 e 18 de Outubro celebramos o espírito europeo nos ErasmusDays do Cmus Profesional de Vigo, coa participación do Equipo Erasmus+ e toda a Comunidade Educativa do noso centro.
As actividades levadas a cabo durante eses intensa semana foron as seguintes:
- Luns 13 de Outubro: A partir deste día e durante toda a semana, foron estreados dous vídeos en relación con algunhas das actividades do curso pasado dentro do proxecto KA121: 2025-1-ES01-KA121-VET-000311389. No primeiro deles poidemos coñecer de primeira man as experiencias de algúns alumnos e alumnas que participaron na mobilidade a Kokkola (Finlandia). A través das súas testemuñas, rememoramos a fantástica experiencia vivida no país nórdico. Ademáis, puidemos escoitar os consellos para todo aquel alumnado que estea pensando en participar nas mobilidades deste ano. Por outra banda durante todos estes días proxectouse o vídeo de presentación sobre os ErasmusDays, o resumo das actividades do curso pasado e presentación das actividades deste novo curso 2025-2026 organizadas desde o Equipo Erasmus+ dentro do novo proxecto. As nosas compañeiras Virginia Lis e Cecilia Martínez elaboraron estes vídeos, que foron estreados na televisión do hall de entrada e tamén na canle de Youtube. Podedes procurar estes vídeos nas publicacións anteriores neste blog.
- Mércores 15 de Outubro: A seguinte actividade desta semana foi unha charla dirixida ao profesorado do centro. Nesta ocasión, a nosa coordinadora Sara Peral, a vicedirectora Carmen Carreiras e a compañeira Virginia Lis explicaron o noso proxecto aos membors do claustro do centro que asistieron á charla, e fixeron un pequeno resumo das actividades. Para isto, contaron coa presenza de Cecilia Blanco, Ramón Cabezas e a propia Virginia Lis, todos eles participantes nas mobilidades do curso pasado a Bolonia (Italia), Portimão (Portugal) e Tirana (Albania).
- Xoves 16 de Outubro: Este día o alumnado e as familias en xeral estaban convidadas para a charla informativa no auditorio, onde a nosa coordinadora Sara Peral e a nosa compañeira do equipo Erasmus Virginia Lis, explicaron o noso proxecto, fixeron un pequeno resumo recordatorio das actividades pasadas e desvelaron a próxima mobilidade para alumnado de 5º e 6º de GP á cidade lusa de Faro (Portugal), explicando tamén os procedementos e requisitos para participar nesta mobilidade.
Lembrade que o prazo de solicitudes para as mobilidades de alumnado e de profesorado xa está aberto! Tedes toda a información nas publicacións anteriores neste blog e no tablón Erasmus (a carón da entrada do backstage do auditorio).
Dende o Equipo Erasmus+ do CMUS Profesional de Vigo estamos moi contentas de observar a consolidación do proxecto no noso centro e constatamos o interese polas actividades no que foron as charlas con máis afluencia de público dos últimos anos. E por suposto, queremos agradecer tamén á Dirección do Centro o seu apoio e confianza neste proxecto que tanto aporta a nivel educativo para formar ao noso alumnado e profesorado. Non podemos estar máis satisfeitas!!
Velaquí tedes algunhas fotos a modo de resumo destas Xornadas informativas para profesorado e alumnado e tamén algunha foto da decoración do hall durante estes días.

















Deixa unha resposta