O día 12 de febreiro de 2025, mércores, tiveron lugar no CMUS Profesional de Vigo as Xornadas de Formación Previa sobre “Formación Cultural e Consellos Prácticos” para o profesorado que neste curso, dentro do Proxecto Erasmus+ KA121 24-25, disfrutará das diferentes mobilidades a Portimão (Portugal), Tirana (Albania, mobilidade internacional) e Bolonia (Italia).
Os membros do Equipo Erasmus+, Sara Peral (Coordinadora), Carmen Carreiras (Vicedirectora) e Ángel Montes (Secretario), que fixeron as visitas previas para preparar estas mobilidades, foron os poñentes desta xornada enfocada á formación cultural dos distintos países que se van visitar e tamén sobre consellos prácticos e lugares de interese a visitar.
O profesorado que disfrutará das mobilidades do Proxecto Erasmus+ KA121 24-25 a partir do mes de marzo serán Javier González e Cecilia Blanco, que visitarán a Academia de Música de Portimão (Portugal), Virginia Lis que asistirá ao Conservatorio Giovanni Battista Marini de Bolonia (Italia), e Ramón Cabezas que coñecerá a Escola Universitaria de Artes de Tirana (Albania).
Como podedes ver nas imaxes, as charlas foron moi entretidas e interesantes. Cada vez está máis cerca a data das visitas e o noso profesorado está moi emocionado e esperan sacarlle o máximo rendemento a esta bonita oportunidade. Esperamos que vos gusten as fotos!










Deixa unha resposta