Os pasados 6 e 7 de marzo contamos coa presenza de Joana Amaral Estrela, experta convidada Erasmus + deste curso, coa que o alumnado e profesorado de todas as especialidades tivo a oportunidade de traballar en relación a estes temas fundamentales no desenvolvemento da actividade artística e docente.
O alumnado asistente á actividade manifestou a súa satisfacción a través dunha enquisa que vos reproducimos aquí.
Dun total de 37 enquisas recollidas, o 70% dos asistentes respondeu con 5 puntos á primeira pregunta, o 27% deu 4 puntos e o 2,7%, 3 puntos.
En relación á segunda pregunta, o 86% dos asistentes outorgou 5 puntos e o 14% restante, puntuou esta pregunta con 4 puntos.
Por último, o 70% dos participantes outorgaron a actividade 5 puntos e o 30% restante, 4 puntos.
“A convidada transmite moi ben a súa mensaxe”, “gustaríame entrar máis en profundidade co tema, pero estivo moi ben”, “gustaríame que tivese durado un pouco máis”, “foi unha actividade xenial e moi relaxante”, “creo que é moi útil aprender exercicios de relaxación”, “gustoume moito, pareceume moi interesante e ameno”, “axudoume a relaxarme”, “moitas grazas por organizar estes cursos”, “a convidada fo moi agradable, paseino moi ben”, “gustoume moito, foi divertido e diferente”…son algúns dos comentarios recibidos en relación a estas clases maxistrais.
Estamos moi satisfeitos co desenvolvemento da actividade e agradecemos o traballo de Joana Amaral Estrela e a implicación de todos os participantes.







Deixa unha resposta