Hoxe mércores día 26 de novembro, publicamos no taboleiro Erasmus (fronte a porta de entrada ao escenario do Auditorio) a lista definitiva coa puntuación de alumnado e profesorado para as mobilidades Erasmus+ 2025-2026.
Parabéns a todo o alumnado e profesorado que marcha ás mobilidades, e agradecementos para todos aqueles que participaron no proceso. Desafortunadamente non hai prazas para todos, pero seguimos a traballar para poder ofrecer máis experiencias Erasmus!
Para protexer os datos dos/as participantes na rede, estas listas poderán ser consultadas exclusivamente neste taboleiro Erasmus+ do CMUS.
Para calquera consulta tendes a vosa disposición aos membros do Equipo Erasmus no correo erasmus.cmusvigo@gmail.com.








Deixa unha resposta