No taboleiro de Erasmus+ do Cmus Profesional de Vigo (fronte a entrada do escenario do auditorio) está publicada a lista de admitidas e admitidos de alumnado e profesorado para o proceso de selección para as mobilidades do curso 2025/2026.
No día 14 de novembro de 2025 reunirase o equipo Erasmus+ do Cmus Profesional de Vigo para revisar a documentación achegada polos candidatos e candidatas para o proceso de selección das mobilidades Erasmus+ do presente curso 2025/2026.
Cabe remarcar que as persoas excluídas están xa notificadas e teñen prazo de subsanación de erros os días 10 e 11 de novembro.








Deixa unha resposta