O Alumnado do CMUS Profesional de Vigo participante nas mobilidades dentro do proxecto KA121 2024-2025 xa está na cidade Kokkola, Finlandia, desde o mércores 19 de marzo.

Polo que relata o noso alumnado, están vivindo unha experiencia inesquecible, na que tiveron moi boa acollida por parte do profesorado e persoal do Conservatorio de Ostrobotnia Central, na cidade de Kokkola en Finlandia.

Entre as actividades destes días, asistiron aos ensaios da banda de pop-jazz, a clases teóricas sobre esta materia, aos ensaios da banda e coro de folk, e a clases de piano, violín, percusión e trompeta entre outras actividades. Ademáis, o xoves pola tarde, o noso alumnado deu un concerto no auditorio do Conservatorio.

O alumnado que está a disfrutar desta mobilidade son Clara Alonso Jeremías (canto), Irene Cabaleiro Soage (piano), Inés Ríos Monge (violín), Andrés Romero Carrera (trompeta), Diego Rodríguez Vázquez (piano) e Xián Pena Puza (percusión), acompañados polo noso compañeiro do Equipo Erasmus+, secretario do centro e profesor de harmonía e banda, Ángel Montes Abalde.

Aquí vos deixamos algunhas fotos que amosan parte das vivencias destes días, e tamén un curioso vídeo onde o profesorado de Kokkola canta “A Rianxeira”.