Dos días 4 ao 7 de novembro, a nosa coordinadora Erasmus+ Sara Peral e o noso Inspector Eduardo Seco asistiron a estas xornadas, celebradas na fermosa cidade alemá de Frankfurt.
Como xa vos informamos neste mesmo blog, Sara Peral e Eduardo Seco asistiron a estas intensas xornadas nas que, con compañeiros homólogos doutras institucións europeas, reflexionaron, aprenderon, e coñeceron outros proxectos Erasmus. Velaquí tedes a reflexión do inspector Eduardo Seco.
Dende o Equipo Erasmus+ do CMUS Profesional de Vigo queremos agradecer as palabras do noso inspector e a súa colaboración co noso proxecto. Seguiremos traballando para mellorar!
Dende o 4 ata o 7 de novembro participei nunha actividade de job shadowing no Leibnezschule na citade alemana de Frankfurt. Este é un centro de educación secundaria orientado á obtención do bacharelato e que ten unha forte vocación musical, xa que no mesmo impártense ensinanzas de diferentes instrumentos musicais.
As actividades desenvolvidas realizáronse en sesións de mañá e tarde e, aínda que intensas, resultaron moi interesantes dado que me permitiron coñecer de cerca o sistema educativo alemán, a súa organización e o funcionamento dun centro deste estilo, con gran cantidade de alumnado non alemán e cunha forte vocación musical. Asemade, puiden coñecer de primeira man conservatorios doutros países europeos e proxectos internacionais que organizan, dende semanas adicadas ao Jazz ou certámenes musicais ata a organización dunha orquestra composta por alumnado de diferentes países.
Especialmente interesantes foi a aprendizaxe de boas prácticas, tanto no aspecto musical (que poden incorporarse ao CMUS) como de funcionamento xeral do centro (que son relevantes dende o punto de vista de inspección).
Quero agradecer todo o traballo desenvolvido por parte do Equipo Erasmus do centro e, moi especialmente, á persoa coordinadora que me acompañou e me axudou, en todo momento, con todas as cuestión prácticas e molestas da mobilidade.












Deixa unha resposta