A nosa coordinadora Erasmus+ Sara Peral e o noso inspector Eduardo Seco, asisten dende 5 de novembro ata o venres 7 ao “Music and Dance for Europe” Erasmus + Seminar que se está a celebrar en Frankfurt (Alemaña)

Esta semana, a nosa coordinadora Sara Peral, xunto co inspector Eduardo Seco, desprazáronse ata a Leibniz Schule, na cidade alemá de Frankfurt para participar neste seminario en representación do CMUS Profesional de Vigo.

A “Music and Dance for Europe”, en asociación con conservatorios e escolas de danza e música con proxectos Erasmus en desenvolvemento, organizan diferentes actividades nas que os obxectivos principais son coñecer os diferentes sistemas educativos dos países dos centros participantes, centros de estudios e niveis educativos nos que poder desenvolver experiencias Erasmus sostibles e enriquecedoras.

Nesta semana e entre outras actividades, os representantes Erasmus dos 29 conservatorios e escolas participantes, chegados de toda Europa, presentaron os seus centros para dar a coñecer os proxectos que están levando a cabo. Entre eles, e grazas ao bo facer de Sara e Eduardo, o CMUS Profesional de Vigo foi presentado aos coordinadores doutros centros europeos homólogos de música e danza. E o deberon de facer moi ben, porque xeraron moito interés en varios deles, coa conseguinte posibilidade de que veñan visitarnos no futuro.

Ao mesmo tempo, Sara e Eduardo pudieron coñecer escolas e conservatorios similares ao noso e tiveron oportunidade de entablar novas relacións cos seus representantes Erasmus, coa intención de abrir novas vías de diálogo e cooperación para futuras movilidades, que serán anunciadas no seu debido momento.

Así mesmo, puideron coñecer de primeira man exemplos de boas prácticas en materia de internacionalización e novidades moi interesantes sobre a xestión de proxectos Erasmus+ (como a novidosa app para a coordinación E+).

Houbo tamén ocasión para seguir traballando nas mobilidades deste curso a Faro (Portugal) e Tallin (Estonia) e a visita do experto deste curso.

Como vedes, unha semana moi intensa e enriquecedora, onde cada día houbo aprendizaxes, reflexións e traballo en común de todos os participantes, que aínda que chegados de todos os recunchos de Europa, conforman unha única gran comunidade Erasmus.

Como sempre, agradecemos á organización do seminario e á Leibniz Schule o amable recibimento que nos dispensaron, e un agradecemento especial ao inspector Eduardo Seco, co que foi un pracer e unha honra presentar o CMUS Profesional de Vigo en Europa.

Aquí vos deixamos algunhas fotos recén chegadas de Frankfurt!

E velaquí tedes un mapa onde podedes ver os países e centros participantes nesta experiencia!