Onte, xoves día 8 de Maio, celebramos “Día de Europa” do mellor xeito posible!
As actividades de onte comezaron cunha pequena intervención musical no hall do centro, a cargo de alumnado de acordeón.Tras este aperitivo musical, comezou o concerto no Auditorio, onde a nosa Coordinadora Erasmus, Sara Peral, fixo unha pequena introducción para inaugurar esta actividade. Na presentación deste xa tradicional concerto no noso centro, promovido polo Equipo Erasmus en colaboración co Equipo de Actividades, promóvese o proxecto do noso centro e o Programa Erasmus en xeral.
O Programa Erasmus, alén das mobilidades de alumnado e profesorado, ten catro prioridades fundamentais: A inclusión, a transformación dixital, a sostibilidade ambiental e a cidadanía europea. En relación con estas dúas últimas, Sara destacou as actividades desenvolvidas no centro dentro do noso proxecto Erasmus e entre elas, o recente concerto o pasado 24 de abril co gallo do XX aniversario da EFCA ou o Concerto de Europa. Asimesmo puxo en valor a labor da axencia polo que supón na salvagarda dos recursos marinos e a sostibilidade na pesca.
Para finalizar, a nosa coordinadora deu paso á intervención da Dra. Susan Steele, a Directora Executiva da EFCA, que nos acompañou nesta celebración e fixo unha fermosa reflexión sobre a cooperación entre institucións europeas, o fomento da sostibilidade e dos valores europeos.
A continuación destes discursos, unha variada representación do alumnado do noso centro fixo as delicias do público asistente como mellor sabemos: Con música!. O alumnado e o profesorado participante foron Paula Cereijo, Alejandra do Camiño, Andrea Cangeri, Martina Sarabia, Laura Sabela Roncero, Nahiara Graña, Amalia Regatero, Martiño Paz, Laura Cabo, Gabriel Fernández, Diego Campos, Xabela Martín, Antón Montes, Simón Porto, Sabela Rey, Gabriel Raña, Santiago Esperón, Ángel Domínguez, Guillermo Barreira, Mateo Porto, Pablo Leirós, Diego Campo, Brais García, Patricia Cadaveira, Alexandre Gallego e Cesáreo Cougil.
Estamos moi agradecidas por ter contado nesta ocasión coa presenza dos convidados da EFCA, que nos acompañaron neste día tan especial, e esperamos que sexa a primeira de moitas colaboracións entre estas dúas institucións. Queremos enviar un especial agradecemento á Dra. Susan Steele, Directora Executiva da EFCA, pola súa participación e pola deferencia que tivo de dirixirse ao público en castelán. E por suposto ao alumnado e profesorado participante e ao público asistente.
Velaquí tedes unhas fotos do concerto!




















Deixa unha resposta