A nosa Coordinadora Erasmus+ Sara Peral asistiu esta semana ás “Jornadas de Movilidad Erasmus+ de Proyectos acreditados de movilidad de estudiantes y personal de Formación Profesional (KA121 VET)”, actividade que tivo lugar lugar os días 30 de Setembro e 1 de Outubro en Carmona (Sevilla).

A nosa Coordinadora Erasmus, Sara Peral desprazouse ata Carmona (Sevilla) para a súa participación nestas xornadas en representación do CMUS Profesional de Vigo.

As “Jornadas iniciales Erasmus+ para proyectos de movilidad acreditados (KA121-VET) de formación profesional de la convocatoria 2025”, organizadas polo Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) e en colaboración coa Consejería de Desarrollo Educativo y Formación Profesional de la Junta de Andalucía e o Ayuntamiento de Carmona, reuniron os días 30 de setembro e 1 de outubro a 500 profesionais da FP de toda España no Teatro Cerezo de Carmona (Sevilla), entre as que se encontraron autoridades educativas e docentes coordinadores de proxectos Erasmus+ de centros educativos de formación profesional, co obxectivo de coñecer as claves de xestión e implementación destes proxectos.

Entre as actividades programadas, Sara e os coordinadores Erasmus doutros centros acreditados, profesionais, vindos de todos os recunchos da xeografía española, coñeceron de primeira man as claves para a correcta xestión e difusión dos seus proxectos Erasmus+ subvencionados neste 2025, que permitirán a máis de 27.500 estudiantes e personal educativo de FP Básica, FP de Grado Medio, Conservatorios Profesionales de Música e de Danza, e organizacións que imparten Certificados de Profesionalidad, non só vivir experiencias internacionais enriquecedoras, senon que tamén contribuirán ao desenvolvemento de competencias clave e á creación dunha comunidade educativa máis aberta e global.

Na apertura destas xornadas estiveron presentes María Gómez Ortueta, directora da Unidad de Formación Profesional do SEPIE, Juan Manuel Ávila Gutiérrez, senador e alcalde do Ayuntamiento de Carmona e Florentino Santos Porras, secretario xeral de Formación Profesional da Consejería de Desarrollo Educativo y Formación Profesional de la Junta de Andalucía.

De xeito paralelo e dentro da intensa programación destas xornadas, tamén houbo algúns momentos de lecer para disfrutar do espectáculo “Jaleo” do grupo de baile flamenco Ángela Rodríguez, que abriu a primeira xornada, ou a actividade cultural “Carmona Histórica”.

Unha vez máis e como noutras ocasións, agradecer ao SEPIE pola boa organización destas xornadas, o interese dos contidos e a amabilidade recibida. Estamos moi motivados e felices de participar neste proxecto e temos a honra de representar a un dos 35 conservatorios profesionais de música e danza acreditados en España.

Aquí vos deixamos algunhas fotos a modo de resumo destes días de intenso traballo e para que vós mesmos o poidades comprobar.