Os días 6 e 7 de marzo, contamos coa visita da profesora portuguesa da ESMAE (Portugal) Joana Amaral Estrela, dentro do programa Erasmus+ KA121 24-25. Joana veu como experta convidada, para traballar co noso alumnado e profesorado sobre conciencia corporal e pánico escénico.
Estas clases consistiron nunha sesión de dúas horas, distribuidas en varias quendas para o alumnado de Grao Profesional de todas as especialidades que estivesen inscritos na actividade, habendo programada unha sesión específica para o alumnado da especialidade de Canto. En cada sesión traballaron sobre a conciencia corporal durante a primeira hora e sobre pánico escénico na segunda.
Ademáis, o venres houbo unha sesión para o profesorado na que se traballaron diversas estratexias didácticas para o traballo na aula en relación a estes temas.
Agradecemos a Joana Amaral Silva o seu traballo e esperamos poder contar coa súa presenza en vindeiras ocasións. Asimesmo, grazas ao alumnado e a o profesorado asistente pola súa resposta e interese na actividade.
Aquí vos deixamos algunhas fotos das sesións dos diferentes grupos de alumnado e profesorado traballando coa nosa convidada.
Seguimos aprendendo a través do Programa Erasmus+!!


















Deixa unha resposta