Este xoves 8 de Maio celebramos no CMUS Profesional de Vigo o Día de Europa, no Auditorio David Russell ás 18:30 horas.

O concerto, que comezará ás 18:30 horas con actuacións no vestíbulo do centro, seguirá a partir das 19:00 horas no Auditorio David Russell, e ademais contaremos coa presenza da Dra. Susan Steele, Directora Executiva da Axencia Europea de Pesca (EFCA). Neste vídeo os deixamos unha breve explicación sobre o que acontecerá o día 8 de maio.

Por último, lembrarvos que o concerto será retransmitido en streaming a través da canle de youtube do centro, para quen non poida asistir ao auditorio.

Desde o Equipo Erasmus+ preparamos todos os anos este concerto con moita ilusión, e esperamos que un ano mais sexa do voso agrado.