Despois dun verán no que o programa Erasmus non descansa, porque non coñece as vacacións, comezamos o curso 2025-2026 con moitas ganas de traballar no proxecto deste ano!
Durante este curso 2025-2026, el Equipo Erasmus+ estará formado novamente por Sara Peral, como a nosa Coordinadora, Baldomero Barciela como responsable de soporte técnico, Ángel Montes, Secretario do centro, Carmen Carreiras, Vicedirectora, e Virginia Lis, Cecilia Martínez e Isabel Figueroa, profesoras do centro que completan o noso equipo.
Ao longo do curso pasado, o profesorado e alumnado do noso conservatorio tivo a oportunidade de disfrutar de mobilidades Erasmus+ en Tirana (Albania), Bolonia (Italia), Portimão (Portugal) e Kokkola (Finlandia). Ademáis, contamos coa visita de alumnado e profesorado de Portimão e Uppsala (Suecia), e dunha experta convidada, que nos visitaron na pasada primavera. Organizáronse tamén diversas actividades nas que puido participar toda a comunidade educativa. Nesta mesma liña de actuación, o equipo Erasmus do CMUS Profesional de Vigo está preparando moitas actividades para levar a cabo neste curso académico.
Para que todas estas novidades sexan posibles, todo o equipo Erasmus traballamos arreo para que, un ano máis, a comunidade educativa teña acceso ás oportunidades e posibilidades que ofrece o programa Erasmus.
Seguiremos informando… Estade atentas ao noso blog e redes sociais!!

















Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.