Os días 6 e 7 de marzo de 2025, dentro do Proxecto Erasmus+ KA121 2024-25, terán lugar no Auditorio David Russell as Clases Maxistrais sobre “Conciencia Corporal e Pánico Escénico”, impartidas pola Experta Convidada deste ano, Cláudia Marisa Silva de Oliveira, que ven desde a Escola Superior de Música e Artes Escénicas (ESMAE) de Oporto, Portugal, e están dirixidas a alumnado e profesorado de Grao Profesional do noso conservatorio.
Estas clases serán gratuítas para todo o alumnado de Grao Profesional e profesorado do CMUS Profesional de Vigo, xa que están financiadas polos fondos do Programa Erasmus+, e o prazo de matrícula será do 3 ao 14 de febreiro na Conserxería.
Cada grupo terá unha sesión de dúas horas, onde se traballará sobre conciencia corporal unha hora, e outra hora sobre pánico escénico. Haberá franxas horarias distintas para o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º, 5º e 6º de GP, e tamén un grupo específico para o alumnado de canto. Os horarios posibles a escoller serán os seguintes:
Xoves 6: de 16:00 a 18:00 alumnado de 1º, 2º, 3º GP
Xoves 6: de 18:00 a 20:00 alumnado de 4º, 5º e 6º GP.
Xoves 6: de 20:00 a 21:00 alumnado de canto
Venres 7: de 10:00 a 12:00 alumnado de 5º e 6º de GP
Venres 7: de 16:00 a 18:00 alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º GP.
Lembrade que para inscribirse debedes pedir os formularios na conserxería e cubrir ambas caras do papel: a inscrición e a autorización de imaxe.
Por último, tamén destacar que haberá unha clase para profesorado sobre “Estratexias Didácticas para o traballo na aula da conciencia corporal e o pánico escénico”.
ATENCIÓN: Lembrade traer roupa cómoda e unha esterilla se dispoñedes dela.
Aquí vos deixamos o tríptico do curso con toda a información, o cartel e a folla de inscrición e autorización de uso de imaxe. Calquera dúbida escribide a erasmus.cmusvigo@gmail.com







Deixa unha resposta