O 24 de Abril a Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA), celebrou o seu 20 aniversario e contou coa participación, en dito acto de celebración, con profesorado e alumnado do noso centro a través das actividades do Programa Erasmus+ 2024-2025.
A EFCA é unha axencia que vela pola sostibilidade dos recursos dos mares, a axeitada aplicación da política pesquera común da UE. Ten como acometido, fomentar os mais altos niveis de control, inspección e supervisión segundo a política pesqueira común.
A sostibilidade, medio ambiente e loita contra o cambio climático son uns dos valores do Programa Erasmus+, por iso, que a EFCA incluise as interpretacións do noso alumnado nun acto tan importante, foi todo un orgullo para o noso centro, e estamos moi agradecidas por contar connosco.
As alumnas e alumnos e profesorado que participaron no acto foron:
- Íñigo Cabaleiro (alumno de gaita)
- David Giráldez (alumno de gaita)
- Giovanna Domínguez (alumna de clarinete)
- Diego Campo (alumno de saxofón)
- Mateo Porto (alumno de saxofón)
- Paula Cereijo (alumna de acordeón)
- Sabela Rey (alumna de acordeón)
- Laura Cabo (alumna de acordeón)
- Alejandra do Camiño (alumna de acordeón)
- Sara Peral (profesora de piano e Coordinadora Erasmus+)
- Patricia Cadaveira (profesora de saxofón)
- Alexandre Gallego (profesor de saxofón)
- Nerea Rodríguez (profesora de acordeón)
- Virginia Lis (profesora de clarinete e membro do Equipo Erasmus+)
Compartimos algunhas fotos do evento “EFCA 20-year Anniversary Event”












Deixa unha resposta