Entre os días 11 e 12 de decembro de 2024, a nosa inspectora, Rosalía Polo, viaxou xunto coa nosa coordinadora Erasmus+, Sara Peral, ao Conservatorio Giovanni Battista Martini en Bolonia, en visita preparatoria e para comprobar de primeira man o traballo do Equipo Erasmus+. Rosalía, moi amablemente comparte con nós esta reflexión sobre a súa visita:

Desde o Equipo Erasmus+ do CMUS Profesional de Vigo queremos agradecer as palabras e o tempo dedicado da nosa inspectora e segundo a nosa coordinadora Sara Peral, foi un pracer compartir esta experiencia con ela. Seguimos cada día traballando para mellorar!!

En relación á visita preparatoria Erasmus do CMUS Profesional de Vigo, no Conservatorio Giovanni Battista Martini de Bolonia, non podo máis que agradecer, tanto ao Equipo Erasmus como ao Equipo Directivo do centro, a invitación e todo o traballo realizado para que puidera participar desde o meu posto como Inspectora actual do centro.

Dita visita supuxo un grande enriquecemento profesional (ademáis persoalmente), pola posibilidade de observar en primeira persoa a organización previa desde Vigo, pero tamén a visita en sí mesma, con todas as actividades que implica: entrevista coa dirección do centro, responsable de biblioteca, profesorado diverso, etc., sobre todo o tempo coa responsable da coordinación Erasmus do centro italiano.

O intercambio de información sobre o funcionamiento de centros ambos, o feito de compartir e achegar diferentes intereses para organizar a visita da docente de Vigo nos vindeiros meses, a observación de diferentes clases, ensaios, presentacións, concertos, a diversidade do alumnado, etc, non pode dar outro resultado que un beneficio positivo en todos os aspectos para o CMUS Profesional de Vigo, repercutindo, unha vez máis, na calidade dos centros educativos galegos, e incidindo nos centros de ensinanzas de réxime especial – Música.

A perspectiva, unha vez vivida esta experiencia, desde logo, cambia, ao permitir que un traballo que poida parecer, de xeito normal, meramente administrativo, se convirta nunha experiencia real.

Unha vez máis, o CMUS Profesional de Vigo fixo un traballo eficaz, eficiente e efectivo, como foi ata a data de hoxe.

Moitas grazas, Sara, como responsable do equipo Eramus do Conservatorio, por todas as xestións realizadas, para contar coa Inspección como parte da viaxe. Grazas, ademáis, cada día en Bolonia, polo teu tempo para explicar, paso a paso, cada aspecto da visita, cada xestión realizada e pendente de realizar, durante a visita, e por atender pacientemente a todas as cuestiones que fun plantexando, facilitando deste xeito toda a aprendizaxe adquirida.

Noraboa polo traballo, ao Equipo Erasmus, e tamén ao Equipo Directivo.