Este Mércores día 10 de Xaneiro celebráronse as Xornadas de Formación Cultural e Consellos Prácticos para o profesorado que viaxará a Lugano (Suiza), Parma (Italia) e Loulé (Portugal).

Como podemos observar na imaxe, Ángel Montes, Carmen Carreiras e Virginia Lis falaron sobre aspectos culturais e recomendacións prácticas sobre os tres destinos das mobilidades e consellos prácticos recollidos a partir da experiencia das visitas preparatorias, e Sara Peral recomendou aspectos a ter en conta e documentación de interese para antes, durante e despois da mobilidade.
O profesorado que participou na sesión recibindo estes consellos foron Ramón Cabezas e Óscar Davila que viaxarán a Parma, María del Mar Bel que irá a Lugano e Gloria Rodríguez que xunto con Aine Veloso visitarán Loulé.
Estas xornadas de formación previa son moi importantes para que o profesorado poida aproveitar sacando o máximo rendemento da súa estadía noutros centros de características similares ao noso, e aportar á volta, ideas novas a través da súa experiencia.







Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.