Este mércores día 17 de Xaneiro, tivo lugar a formación en Inglés para profesorado. Esta foi a última das Xornadas de Formación Previa en idiomas para o profesorado que participará nas mobilidades do proxecto KA121 2023-2024.

A formación deste mércores centrouse no aprendizaxe e repaso da lingua inglesa, lingua vehicular de comunicación para aquelas mobilidades onde non dominamos con soltura o idioma do país, e é a través do inglés que a comunicación se fai posible.

O profesorado que impartíu os cursos dos distintos idiomas, italiano, portugués e inglés, procede da Academia Concorde. Os participantes quedaron moi contentos coa formación, así que, parabéns para as docentes de Concorde pola súa profesionalidade.

Esta foi a penúltima das Xornadas de Formación Previa para o profesorado, quedando pendente o mércores día 24 de Xaneiro a sesión do Plan de Autoprotección e actuación en caso de emerxencia. Xa falta moi pouco para que estea todo listo e poidan comezar as mobilidades a partires do mes de febreiro.

Os tres participantes de esquerda a dereita na sesión de inglés: Oscar Rodríguez, Ramón Cabezas e Óscar Davila xunto a profesora Stephanie Hilton.