Unha nova edición dos #Erasmus Days con moitas novidades!
Volven os #ErasmusDays, unha celebración de ámbito internacional do programa Erasmus+. Durante unha semana aproximadamente, convídanse a persoas de todo mundo a reunirse e celebrar os proxectos e oportunidades que ofrece Erasmus+. Para estudiantes, profesorado, formadores, profesionais e, en xeral, toda a cidadanía, os #ErasmusDays representan un momento único para promover a multitude de beneficios que se derivan do programa. En 2024 terán lugar do 14 ao 19 de Outubro.
As actividades desta edición consistirán na estrea no noso vídeo promocional, no que faremos un pequeno repaso do que foron as actividades Erasmus+ no pasado curso e onde poderedes tamén ver un pequeno adianto das novidades que se porán en marcha neste curso 2024-25. Para iso, acudide o luns 14 ás 16:00h no Hall de entrada do centro.
O martes15 ás 16:00h no Hall, faremos un pequeno recordatorio do podcast do conservatorio, Os contos da Miñoca, onde poderemos escoitar de novo ao alumnado participante nas mobilidades do curso pasado.
A seguinte cita será o mércores 16 ás 16:00h no Hall. Nesta ocasión os participantes na mobilidade a Uppsala (Suecia) serán os protagonistas. Eles contaranos a súas experiencias, lembranzas e anécdotas no país nórdico.
Xa de cara ao fin de semana, o xoves 18 ás 18:00h, tedes no Auditorio David Russell do centro unha nova cita: A reunión informativa sobre mobilidade de alumnado. Esta reunión está dirixida a alumnado a partir de 3ºGP, familias e profesorado, e serán desveladas as novidades para este curso.
Para finalizar a semana, o venres 19 ás 12:00 da mañán, novamente nos veremos no Auditorio David Russell, pero esta vez para a reunión informativa sobre mobilidades dirixidas ao profesorado.
Como vedes, unha semana chea de emocionantes actividades. Non vola podedes perder!
Estade atentas ao noso blog e as redes sociais do conservatorio.

Vídeo dispoñible a partir do luns 14 de outubro!
Deixa unha resposta