Os nosos compañeiros Carmen Carreiras e Ángel Montes, visitaron a Escola Universitaria de Artes de Tirana, en Albania, preparando a mobilidade internacional do programa Erasmus deste curso.
A vicedirectora e secretario do noso centro, membros do Equipo Erasmus+ do CMUS Profesional de Vigo, aproveitaron estes días, 4 e 5 de decembro, para visitar a Escola Universitaria de Artes de Tirana, en Albania, e preparar así o plan de traballo que seguirá o noso compañeiro Ramón Cabezas.
Para facer a súa ruta de traballo, Carmen e Ángel reuníronse con Pjeter Guralumi, Coordinador de Proxectos de Cooperación do centro albanés, e tamén coa Directora do Liceo Artístico Eva Kolnikaj.
Aquí vos deixamos algunhas fotos do conservatorio co que Carmen e Ángel quedaron entusiasmados.





















Deixa unha resposta