Entre os días 18 e 19 de Decembro, António Pereira e Bruna Melia, profesores de Coro e Violonchelo respectivamente na Academia de Música de Portimão, visitaron o noso centro en Job-Shadowing, a través do programa Erasmus+.

Entre outras actividades, tiveron unha recepción na que se lles amosaron as instalacións, reuníronse co Equipo Erasmus+ e co Equipo Directivo, e visitaron diversas clases, con profesorado do noso centro, de linguaxe musical, violonchelo, clarinete, harmonía, asistiron aos concertos de Nadal do centro, e aos da banda e orquestra.

António e Bruna disfrutaron moito das actividades do noso centro e quedaron moi agradecidos pola recepción do noso profesorado.

Desde o Equipo Erasmus+ agradecemos moito a boa disposición dos compañeiros lusos. Aquí deixamos unhas fotos destes días.

Bruna e António con Virginia Lis, Ángel Montes e Sara Peral.