A nosa Coordinadora Erasmus+ do CMUS Profesional de Vigo, Sara Peral, e a nosa inspectora, Rosalía Polo, viaxaron os días 12 e 13 de decembro ao Conservatorio di Musica Giovanni Batista Martini en Bolonia, Italia, para preparar a mobilidade do profesorado que viaxará a este destino.
Esta é a primeira vez que desde Inspección Educativa acompañan ao noso centro dentro do Proxecto Erasmus para coñecer de primeira man o traballo que se realiza ano tras ano para sacar adiante as diferentes actividades que se levan a cabo dentro deste programa.
O Equipo Erasmus convidou a nosa inspectora a esta visita conxunta coa intención de observar o traballo e constatar a calidade da xestión das distintas actividades realizadas dentro das mobilidades Erasmus.
Esta é a última visita preparatoria deste curso, e a partir de xaneiro comezarán as xornadas de formación previa para o alumnado e profesorado que resultou seleccionado para disfrutar das mobilidades deste curso 2024-25.
Sara e Rosalía traballaron durante estes días coa Coordinadora Erasmus+, Luisa Baldassari, para elaborar o plan de traballo para a nosa compañeira Virginia Lis, que será a profesora que disfrute da mobilidade a este destino. Tamén coñeceron ao Director, Mº Aurelio Zarrelli e outro persoal do centro que lles agasallaron con diversos libros editados polo centro ou escritos por profesorado. .
A nosa Coordinadora Erasmus+ e a nosa Inspectora, visitaron o arquivo da biblioteca co director desta Dott. Luciano Scarpacci, asistiron a varias clases do conservatorio, estiveron no ensaio da orquestra, tiveron unha entrevista coa oficina de produción, asistiron á presentación dun libro sobre música e cine, a un ensaio dun concerto didáctico con ballet e á xornada de portas abertas do instituto Cavazza, equivalente a ONCE española, que realizaba actividades de inclusión, levándose unha grata impresión do Conservatorio e da cidade. https://www.consbo.it/flex/cm/pages/ServeBLOB.php/L/IT/IDPagina/2378
Por suposto, visitaron tamén lugares de interese nesta maravillosa cidade do norte de Italia, como o Museo da Música ou o Museo de Anteros y Tolomeo. Aquí podedes comprobar nas fotos que vos achegamos a experiencia vivida por Sara e Rosalía.
Desde o Equipo Erasmus+ do CMUS Profesional de Vigo, queremos agradecerlle aos compañeiros do Conservatorio di Musica Giovanni Batista Martini de Bolonia a boa acollida coa que recibiron a Sara e Rosalía.
Agardamos que vos guste a reportaxe fotográfica!
















Deixa unha resposta